Unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo. Agora chega por primeira vez a Galicia e en galego este emocionante e necesario monólogo que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista de clase baixa. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos...
Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.
É un monólogo para público adulto e adolescente que se adapta a calquera espazo. Un proxecto seleccionado pola AGADIC nas axudas á creación escénica ofertado pola RGTA, polo programa Cultura no Camiño 2023, tamén pola Rede Cultural da Deputación da Coruña, na REAOU da Deputación de Ourense e no catálogo Pontegal da Deputación de Pontevedra.
Máis información
As claves da compañía son os espectáculos de corte social dirixidos a público adulto e adolescente, con textos conectados coa nosa realidade e cos mellores talentos da interpretación.Entreter pero tamén reflexionar.